11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

Aurelio Núñez:”Vox é extrema dereita e Podemos é extrema esquerda. Preocúpame o ascenso de calquera dos extremos”

“A situación de crise favoreceu o crecemento do populismo, coas súas mensaxes entre apocalípticas e milagreiras” afirma o deputado carballés.

Entrevista a Aurelio Núñez a partir do minuto 37 do audio

O deputado autonómico do Partido Popular, Aurelio Núñez Centeno, expresou a súa preocupación, pola “rapidez” do acordo de goberno acadado entre o PSOE e Unidas Podemos:”Despois de falar o que se falou, de ternos seis meses perdidos, e de gastar uns 150 millóns de euros, chegaron a un acordo en 48 horas. Pedro Sánchez dixo que non durmiría tranquilo tendo a Podemos no goberno”, apuntou.

O valor da estabilidade política de Galicia

“O PP volveu a gañar na Costa da Morte” salientou o parlamentario que tamén puxo en valor os resultados na Coruña e Galicia que fai ver “o valor da estabilidade galega”.

Está convencido de que “Núñez Feijóo volverá a obter a maioría absoluta” e criticou a xestión do PSOE polos orzamentos do estado perxudiciais para Galicia, “por non querer pagar os 700 millóns de euros, por querer pechar ENCE, co que representa para milleiros de galegos”, ou pola situación de Alcoa ou Ferroatlántica.

O dirixente popular afirma que se deben “respectar os resultados electorais, pero a situación non é a mellor para España pola irresponsabilidade de Pedro Sánchez, que lle vale calquera cousa para seguir no goberno”.

Vox e Podemos:“Os extremos son malos”

Tamén considera “preocupante” a subida de Vox, “propiciada por Pedro Sánchez”. Para Núñez Centeno “os extremos son malos. Vox é extrema dereita e Podemos é extrema esquerda. Preocúpame o ascenso de calquera dos dous extremos e a importancia que poidan ter os independentistas no futuro de España”.

Ten claro que “a situación de crise favoreceu o crecemento do populismo, coas súas mensaxes entre apocalípticas e milagreiras”.Aurelio Núñez confía en que no que resta de lexislatura autonómica se poida avanzar en distintas melloras para a zona, como novas fases na autovía da Costa da Morte, ou da conexión de Santa Comba coa capital galega, ou na Variante ou no polígono de Carballo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos