2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Protesta en Santa Comba contra un “megaparque” que afecta á Fervenza de Castriz

O Campo da Feira de Santa Comba acolleu o pasado sábado unha concentración de protesta contra os proxectos dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Toural, organizada pola agrupación de veciños de Castriz e pola plataforma Non + Eólicos.

Para os afectados, en realidade estamos a falar “dun só megaparque fragmentado en tres para así poder acollerse á lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”.

Na concentración de Santa Comba deuse lectura a un manifesto. O encargado foi un mozo da parroquia de Castriz, Jorge Castelo, que deixou que claro que non estaban en contra da enerxía eólica pero sí “de que unha empresa se ría das nosas das leiras e dos veciños”.

Problema de localización

Incidiu que “o problema é a localización” sinalando a afección sobre espazos como a Lagoa de Alcaián ou a Fervenza de Castriz, e tamén dos posibles riscos para a saúde.

Polo lugar da concentración achegáronse distintos representantes políticos de Compromiso por Galicia(entre eles o alcalde David Barbeira), PSOE, Partido Popular, BNG así como o deputado autonómico de voceiro de Anova, Antón Sánchez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos