O ex secretario da asociación Neria pensa que hai que evitar os cambios no Camiño:”Hai un Camiño marcado que se fixo no seu día con bo criterio e non podemos andar cambiando o Camiño en función dos intereses de cada un” .
Para Xan García “o Camiño pasa por onde pasa, por moito que fagamos as rutas que queiramos”. Considera “lexítimas” outras rutas pero matiza que “os peregrinos que veñen pola ruta xacobea non teñen nada que ver, é unha cousa distinta” cos que fan outro tipo de traxectos.Tamén advierte de non “mercantilizar” a vía xacobea e lamenta que “cada un queiramos traer o camiño por diante da nosa casa”.
Terras do Vákner
A García Pouso agradáronlle as xornadas das Terras do Vákner celebradas en Dumbría e non dubida en asegurar que co tempo vai a ser “un dos elementos mais importantes que se pode dar na historia do Camiño e un dos puntos que vai a contribuir a reafirmar o Camiño de Fisterra e Muxía”.
Destacou a “mentalidade comarca” do alcalde José Manuel Pequeño e pensa que este proxecto “vai a beneficiar a toda a Costa da Morte” polo que emprazou a propietarios de albergues e técnicos municipais a “empaparse deste proxecto e saber explica-lo con seriedade”. Tamén pensa que os alcaldes teñen que “tomar concienca” con esta iniciativa.
O Xeoparque Costa da Morte e o patrimonio subacuático
Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, Xan García, referiuse ademais ao patrimonio subacuático da Costa da Morte “un dos puntos máis ricos do mundo”.
Está convencido de que se superaron os localismos na medida de antano, e que o Xeoparque Costa da Morte “é o instrumento que ten que abordar ese tema”.
Estima que a presidenta da asociación e alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, ten “un reto moi importante” diante súa. Avoga por un Museo e un centro de estudios que profundice nas historias dos pecios e dos naufraxios e faga publicacións. A xeito de proposta opina que o museo marítimo Seno de Corcubión podería ser un “bo sitio provisional” para empezar a traballar.