5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Ovidio Rodeiro reivindica o compromiso da Xunta coa Costa da Morte

Entrevista a Ovidio Rodeiro.Escoita o audio a partir do minuto 35 do audio

O delegado territorial da Xunta de Galicia manifestou que “non é certo que a Xunta discrimine á Costa da Morte.Todo o contrario” xa que se está facendo “un verdadeiro esforzo” no eido agrario, marítimo, nas infraestruturas ou no turismo.

Ovidio Rodeiro lembrou o incremento dun 34% no servizo de Axuda no Fogar, e o financiamento de obradoiros de empregos, cuadrillas de contra incendios e distintos programas:”A Xunta é a administración que máis esta investindo na Costa da Morte, con sesenta millóns de euros no último ano” sen contar o mantemento en sanidade e servizos sociais.

Apuntou que neste orzamento “presentado en tempo e forma” se destinan os primeiros fondos para “arrancar o seguinte treito da autovía da Costa da Morte” entre Baio e Berdoias, cun millón de euros. Tamén se referiu á Variante de Carballo ou ao dragado de Laxe.

Menos impostos no medio rural

“Os galegos imos a pagar menos impostos que no ano 2019” puntualizou, en referencia a redución do imposto de tranmisións patrimoniais, de sucesións ou a chamada “dedución verde” no IRPF.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, defendeu o compromiso do goberno galego co medio rural:”Os galegos deixaron de pagar 1.500 millóns de euros que quedaron nos seus bolsillos mediante o programa de impostos cero no rural”.

O canon eólico deixou 9 millóns de euros en investimentos

Tamén respondeu ás críticas lanzadas desde algúns concellos contra o canon eólico:”É un canon que nace no 2010, que puido nacer na lexislatura do bipartito pero foi un goberno do PP quen o puxo en marcha. 
Os concellos da Costa da Morte recibiron 9 millóns de euros desde que se puxo en marcha o canon eólico polo goberno de Núñez Feijóo”·

A Sogama da auga

“Plantexamos unha SOGAMA da auga para evitar irresponsabilidades, como a que pasou en Corme, no concello de Ponteceso, onde unha neglixencia acabou intoxicando a tantas persoas e familias” declarou Rodeiro.

Pensa que é importante contar cunha empresa pública para dar soporte os concellos e convidou á Deputación a “axudar aos concellos nas súas competencias”.

Sobre a polémica creada dixo: ”A Xunta investiu 232 millóns de euros no ámbito do abastecemento e saneamento que é moito máis do que se recibe polo canon da auga”.

Axudas para iniciativas no Camiño Xacobeo

Outro tema que se tratou na conversa “Na Encrucillada” foi o do Camiño de Santiago. O delegado mencionou as distintas liñas de colaboración con concellos e entidades ou a posta en marcha do programa “O Teu Xacobeo” para “reforzar o camiño e as fortalezas turísticas dos concellos”, apoiando iniciativas como a de Terras do Vákner de Dumbría, con 10.000 euros, o simposio da Translatio en Vimianzo, con 13.000 euros, Solpor de Fisterra con 24.000 euros ou Fisterra Film con 11.000 euros.

Gratuidade AG-55

Asimesmo valorou a proposta da Xunta para a gratuidade do treito Arteixo-A Coruña da AG-55:“O plantexamento de que a AG-55 sexa gratuita é porque o estado ten que construír un acceso ao porto exterior e polo tanto ofrecemos que asuma a titularidade da AG-55”.

Falouse nesta entrevista do problema dos servizos pediátricos:”Ogallá se poidera mellorar pero neste momento non hai pediatras en España. En moitas comunidades a media é dun pediatra para 1.100 nenos, e na Costa da Morte estamos nunha media de 500-600 nenos por cada pediatra”.

“O 45% dos orzamentos están destinados a gasto sanitario. Nunca na historia da autonomía se destinou tanto diñeiro a sanidade” expresou Rodeiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos