6448 fans     1593 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Ovidio Rodeiro reivindica o compromiso da Xunta coa Costa da Morte

Ovidio Rodeiro reivindica o compromiso da Xunta coa Costa da Morte

Costa da Morte | Publicada: 23/10/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
17
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 55 segundos.

Entrevista a Ovidio Rodeiro.Escoita o audio a partir do minuto 35 do audio

O delegado territorial da Xunta de Galicia manifestou que “non é certo que a Xunta discrimine á Costa da Morte.Todo o contrario” xa que se está facendo “un verdadeiro esforzo” no eido agrario, marítimo, nas infraestruturas ou no turismo.

Ovidio Rodeiro lembrou o incremento dun 34% no servizo de Axuda no Fogar, e o financiamento de obradoiros de empregos, cuadrillas de contra incendios e distintos programas:”A Xunta é a administración que máis esta investindo na Costa da Morte, con sesenta millóns de euros no último ano” sen contar o mantemento en sanidade e servizos sociais.

Apuntou que neste orzamento “presentado en tempo e forma” se destinan os primeiros fondos para “arrancar o seguinte treito da autovía da Costa da Morte” entre Baio e Berdoias, cun millón de euros. Tamén se referiu á Variante de Carballo ou ao dragado de Laxe.

Menos impostos no medio rural

“Os galegos imos a pagar menos impostos que no ano 2019” puntualizou, en referencia a redución do imposto de tranmisións patrimoniais, de sucesións ou a chamada “dedución verde” no IRPF.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, defendeu o compromiso do goberno galego co medio rural:”Os galegos deixaron de pagar 1.500 millóns de euros que quedaron nos seus bolsillos mediante o programa de impostos cero no rural”.

O canon eólico deixou 9 millóns de euros en investimentos

Tamén respondeu ás críticas lanzadas desde algúns concellos contra o canon eólico:”É un canon que nace no 2010, que puido nacer na lexislatura do bipartito pero foi un goberno do PP quen o puxo en marcha. Os concellos da Costa da Morte recibiron 9 millóns de euros desde que se puxo en marcha o canon eólico polo goberno de Núñez Feijóo”·

A Sogama da auga

“Plantexamos unha SOGAMA da auga para evitar irresponsabilidades, como a que pasou en Corme, no concello de Ponteceso, onde unha neglixencia acabou intoxicando a tantas persoas e familias” declarou Rodeiro.

Pensa que é importante contar cunha empresa pública para dar soporte os concellos e convidou á Deputación a “axudar aos concellos nas súas competencias”.

Sobre a polémica creada dixo: ”A Xunta investiu 232 millóns de euros no ámbito do abastecemento e saneamento que é moito máis do que se recibe polo canon da auga”.

Axudas para iniciativas no Camiño Xacobeo

Outro tema que se tratou na conversa “Na Encrucillada” foi o do Camiño de Santiago. O delegado mencionou as distintas liñas de colaboración con concellos e entidades ou a posta en marcha do programa “O Teu Xacobeo” para “reforzar o camiño e as fortalezas turísticas dos concellos”, apoiando iniciativas como a de Terras do Vákner de Dumbría, con 10.000 euros, o simposio da Translatio en Vimianzo, con 13.000 euros, Solpor de Fisterra con 24.000 euros ou Fisterra Film con 11.000 euros.

Gratuidade AG-55

Asimesmo valorou a proposta da Xunta para a gratuidade do treito Arteixo-A Coruña da AG-55:“O plantexamento de que a AG-55 sexa gratuita é porque o estado ten que construír un acceso ao porto exterior e polo tanto ofrecemos que asuma a titularidade da AG-55”.

Falouse nesta entrevista do problema dos servizos pediátricos:”Ogallá se poidera mellorar pero neste momento non hai pediatras en España. En moitas comunidades a media é dun pediatra para 1.100 nenos, e na Costa da Morte estamos nunha media de 500-600 nenos por cada pediatra”.

“O 45% dos orzamentos están destinados a gasto sanitario. Nunca na historia da autonomía se destinou tanto diñeiro a sanidade” expresou Rodeiro.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El conselleiro de Medio Rural, en el programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas

El conselleiro de Medio Rural, en el programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas

El conselleiro de Medio Rural, José González, será el protagonista de la primera edición de la semana de “Na Encru…

Ler máis
Alfonso Mouzo:”Veñen a lucrarse da enerxía dos ríos Xallas e Grande”

Alfonso Mouzo:”Veñen a lucrarse da enerxía dos ríos Xallas e Grande”

Escoita a entrevista con Alfonso Mouzo a partir do  minuto 29 do audio O presidente do Comité de empresa de Fer…

Ler máis
A Xunta destina 28,7 millóns de euros para un novo treito da autovía da Costa da Morte

A Xunta destina 28,7 millóns de euros para un novo treito da autovía da Costa da Morte

A conselleira de infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, explicou en Cabana de Bergantiños unha nova act…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido Dumbría 2020
Entroido A Braña 2020
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información