16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Ovidio Rodeiro:”A variante de Santa Comba foi unha das catro grandes actuacións nas infraestruturas da provincia”

O delegado territorial da Xunta de Galicia dixo que está “acreditado o compromiso da Xunta de Galicia co concello de Santa Comba”. E puxo como exemplo o feito de que “na nosa provincia só houbo infraestruturas en Lousame, na Variante de Aradas, que tamén beneficia a estre concello, a pasarela de Marineda e a outra grande actuación foi a variante de Santa Comba, cun orzamento de catro millóns de euros”.

En declaracións a Radio Xallas, Ovidio Rodeiro reiterou o compromiso da Xunta a continuar aumentando a seguridade vial nesta vía de comunicación coa capital de Galicia”.

Entrevista a Ovidio Rodeiro.Escoita o audio a partir do minuto 35 do audio

11 millóns de euros na comarca do Xallas

Rodeiro dixo que mediante os distintos plans de incorporación, mellora, PAC, investíronse na comarca do Xallas uns 11 millóns de euros. Precisou que se apoio económicamente a incorporación á actividade agraria de 11 mozos de Mazaricos e 8 de Santa Comba, e se aprobaron uns 21 plans de mellora.

Destacou que en toda a Costa da Morte investíronse 800.000 euros para a mellora de camiños.”Galicia é a única comunidade de España que ten un programa propio para dar soporte aos concellos e que poidan mellorar os seus camiños”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos