10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Juan Carlos García:”O principal problema de Coristanco é o da auga”

Un colapso nos filtros motivado polas fortes chuvias e os desprendementos de terra, provocaron diversos cortes no subministro de auga no concello de Coristanco esta semana.

Escoita a entrevista con Juan García a partir do minuto 76 do audio

Non é unha sorpresa para o alcalde, Juan Carlos García Pose, que está convencido que “o principal problema de Coristanco é o da auga, con diferencia”.

Rede obsoleta

Aínda que os operarios traballan para garantizar o abastecemento “temos unha rede con moitísimas fugas e unha estación de bombeo que funciona ao dobre da súa capacidade” explica o alcalde, e así o testemuñaron os técnicos de Augas de Galicia na inspección realizada recentemente.

O concello leva dous meses facendo melloras, dentro das súas posibilidades pero “necesitamos facer grandes investimentos que virán a medio ou longo prazo”.

Actuacións inmediatas 

De momento os traballos son “de actualización e mantemento”. Renováronse os filtros e vaise investir uns 450.000 euros na rede principal, substituindo a tubería de fibrocemento por unha de fundición “para evitar roturas permanentes”. 

E logo ir localizando as fugas que hai na rede secundaria.Paralelamente, desde o concello estase a normalizar o cobro de recibos. Outra das eivas dos últimos anos.

Obras pendentes 

Non é a única fronte que ten aberta o goberno local de Coristanco. Hai investimentos pendentes de executar desde 2014 que corren o risco de perderse.”Temos xa oito expedientes para que se adxudiquen e que as obras poidan empezar”.

Neste tempo, García Pose tamén destaca  a modificación das ordenanzas do ICIO e do IVTM, ou o inicio dun estudio de viabilidade do Polígono Industrial.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos