Información AXEGA 112
Un incendio declarado nun piso en Santa Comba saldouse sen feridos, aínda que si se rexistraron máis danos materiais. Ocorreu ás 23:15 horas de onte na Avenida de Santiago e viuse afectada unha estufa de pellets, un colchón e diversos mobles. Tamén as paredes sufriron os efectos do lume.
Por fortuna, o piso estaba desocupado no momento de producirse o incendio e ninguén necesitou asistencia médica. Iso si, na extinción tiveron que traballar os Bombeiros do Xallas, que remataron a súa intervención pasada a medianoite