O alcalde de Dumbría está convencido de que a xente xa se está “dando de conta da potencialidade da figura do Vákner” e agarda que se aproveiten todas as posibilidades.
“O Vákner é un proxecto comarcal que vai a activar o Camiño de Fisterra” precisou Pequeño. Un proxecto que naceu en Dumbría pero que pretende involucrar ós concellos de Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Corcubión, Fisterra e Muxía.
Entrevista con Pequeño , a partir del minuto 32 del audio
Territorio Vákner, atractivo turístico
Un paso máis no “compromiso” do concello de Dumbría coa prolongación xacobea a Fisterra e Muxía, que “vai a traer turismo, porque a xente gústalle o terror e o misterio”.
O alcalde convidou a todas as persoas interesadas a que se acheguen este venres e sábado ao salón de actos do albergue de peregrinos do Conco, en Dumbría. Destacou o nivel de ponentes coma Fernando Alonso Romero ou Aurora Lestón, entre outros.
Pequeño tamén reflexionou sobre a necesidade de ofertar actividades as persoas que nos visitan e avanzou de que próximamente estará operativo o Parador de Turismo de Muxía “e temos que darlle algo para que a xente se quede, ben sexa a Ruta do Vákner, a Ruta dos Faros, etc…”