“A nosa prioridade é o despegue económico do concello. O parque empresarial de Tella ten que ser a nena bonita de Ponteceso”. O alcalde pondaliano agarda que se normalice a situación do goberno do estado e se garanta a continuidade de Pedro Sánchez para poder asinar un convenio de 5,2 millóns de euros para o Polígono que “non se sustanciou polo bloqueo político do PP”.
Entrevista alcalde Ponteceso a partir do minuto 30
Solos gratis para as empresas
Aclara que o concello ofrecerá solo gratis. “O solo que vai comprar o concello non llo vai a repercutir ás empresas”. Asegura que xa hai tres empresas interesadas.
García Carballido é dos que pensa que “as valoracións teñen que facelas os veciñas e as veciñas” pero destaca que o novo equipo de goberno “engraxouse moi ben”.
Melloras no concello
Destes primeiros meses de mandato salientou o interese por dotar de servizos culturais, sociais e deportivos no municipio, facer obras nas parroquias, e valorou o apoio da Deputación coruñesa. Puxo como exemplo a adquisición dunha finca en Balarés para ampliar os servizos e potenciar a praia, desenvolver o aparcamento e adecentar a zona.Tamén a senda de Lestimoño ou o acceso aos Seixos.
2 millóns de euros de investimentos anuais
Ponteceso, segundo o alcalde, pasou de ter investimentos anuais de 300.000 euros a 2 millóns:”Vai a haber seguido un proceso de contratación. A mesa de contratación traballa sen parar.Falamos de dous millóns de investimentos por ano”.
Sobre a Xunta, Lois García non se amosa moi conforme:”A Xunta segue a súa tendencia de non investir prácticamente nada. Sentoulles mals que o PSOE gañara as dúas últimas eleccións”.