13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Amancio Lavandeira:”O alcalde prefire gobernar en minoria e estar ao compás do que diga a oposición”

Advirte que se o Partido Popular non cambia  a súa postura “as regras de xogo variarán”.

Entrevista a Amancio Lavandeira, a partir do minuto 14.

O portavoz de Terra Galega en Coristanco, destacou nestes primeiros meses de goberno, o papel da oposición no concello: “As actividades pasan pola aprobación ou polas iniciativas que ten a oposición”.

Puxo como exemplo “a baixada dos impostos, unha iniciativa de Terra Galega” ante a que o alcalde Juan Carlos García “non tivo máis remedio que sumarse á iniciativa”.

Copiar iniciativas da oposición 

Para Lavandeira ese “total apoio da oposición” choca coa actitude do goberno do Partido Popular:”Non é moi ético que nos queira modificar propostas sen haber falado co grupo que as presentou. Entendemos que as formas que tivo o goberno do PP non foron as correctas, ao querer apropiarse das iniciativas de Tega sen falar connosco, facendo un plaxio”.

Sinala que a vontade de Terra Galega é dar unha “marxe de confianza”, pero advirte que se o Partido Popular non cambia  a súa postura “as regras de xogo variarán”.

Prioridades en Coristanco

Non percibe “méritos reais” do goberno ata o de agora.”Nós botamos en falta esa colaboración da oposición cando gobernábamos en minoría”. Amancio Lavandeira pensa que as prioridades do concello de Coristanco deben ser o urbanismo, saneamentos, infraestruturas, e licitar os servizos de limpeza, auga e suministros.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos