8.9 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

García Carballido:”A nosa prioridade é o despegue económico de Ponteceso”

“A nosa prioridade é o despegue económico do concello. O parque empresarial de Tella ten que ser a nena bonita de Ponteceso”. O alcalde pondaliano agarda que se normalice a situación do goberno do estado e se garanta a continuidade de Pedro Sánchez para poder asinar un convenio de 5,2 millóns de euros para o Polígono que “non se sustanciou polo bloqueo político do PP”.

Entrevista alcalde Ponteceso a partir do minuto 30

Solos gratis para as empresas

Aclara que o concello ofrecerá solo gratis. “O solo que vai comprar o concello non llo vai a repercutir ás empresas”. Asegura que xa hai tres empresas interesadas.

García Carballido é dos que pensa que “as valoracións teñen que facelas os veciñas e as veciñas” pero destaca que o novo equipo de goberno “engraxouse moi ben”.

Melloras no concello

Destes primeiros meses de mandato salientou o interese por dotar de servizos culturais, sociais e deportivos no municipio, facer obras nas parroquias, e valorou o apoio da Deputación coruñesa. Puxo como exemplo a adquisición dunha finca en Balarés para ampliar os servizos e potenciar a praia, desenvolver o aparcamento e adecentar a zona.Tamén a senda de Lestimoño ou o acceso aos Seixos.

2 millóns de euros de investimentos anuais

Ponteceso, segundo o alcalde, pasou de ter investimentos anuais de 300.000 euros a 2 millóns:”Vai a haber seguido un proceso de contratación. A mesa de contratación traballa sen parar.Falamos de dous millóns de investimentos por ano”.

Sobre a Xunta, Lois García non se amosa moi conforme:”A Xunta segue a súa tendencia  de non investir prácticamente nada. Sentoulles mals que o PSOE gañara as dúas últimas eleccións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos