14.6 C
Santa Comba
jueves, octubre 3, 2024

Lois García Carballido defende a xestión do goberno na “Crise da Auga” de Corme

Escoita a entrevista con Lois García a partir do minuto 30 deste audio

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, opina que son “os veciños os que valoran o que fai cada un”, pero asegura que o goberno local traballou en distintas frontes na chamada “Crise da auga” de Corme.

Medidas rápidas do concello de Ponteceso

“Actuamos desde o primeiro momento co reparto de agua embotellada, durante doce días, nunha actuación rápida e recuperamos a potabilidade da auga coa empresa concesionaria” dixo o alcalde.

Tamén destacou a contratación de dúas empresas “para achar a causa da falta de potabilidade da auga” e anunciou que “imos facer os  investimentos que non fixo o Partido Popular durante 22 anos”.

Unha tubería de máis de 50 anos

Lembrou que a situación da auga chegou “despois de tres roturas consecutivas da tubería de acceso”, que ten más de medio século de antiguedade:”O PP deixou unha débeda espantosa en Ponteceso pero non cambiou a tubería, pero nós imos cambiar a tubería”.

O PP “coma un pato mareado”

Lois García pensa que o PP “quere facerse grande con este tema, porque nas eleccións quedaron moi mal. Dimitiron seis persoas do equipo e puxeron a unha persoa na xestora local sen o seu consentimento. Andan coma un pato mareado”.

Con respecto a APIN, o partido que lidera José Manuel Pose Verdes, lembrou que “ata fai catro meses era o concelleiro que levaba a auga a as infraestruturas, polo que debería ser máis prudente nas súas declaracións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos