9.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 1, 2024

Cen días proveitosos para Vimianzo segundo o PSOE

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, fixo balance dos primeiros cen días de goberno do PSOE nesta lexislatura.

Destacou «os avances que se impulsaron no Parque Empresarial», logo da xuntanza coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico(SEA), Beatriz Sestayo.

Froito destes contactos tamén se fixou para o vindeiro luns 28 de outubro unhas Xornadas de asesoramento personalizado para empresa, no concello de Vimianzo, ou a limpeza do polígono.

Urbanismo, escola infantil

Outro asunto é a «desconxestión urbanística».Segundo Rodríguez estanse xestionando expedientes que levaban «meses e anos» paralizados e conformando un departamento de Urbanismo que todos os días da semana vaia asesorando e dando resposta ás consultas que precisen os nosos veciños”.

No seu balance tamén se refire ao «desbloqueo» da Escola Infantil, con vinte novas prazas e melloras nas instalacións. A posta en marcha do servizo de Madrugadores no colexio San Vicenzo, e o inicio do estudio para un servizo de Atención Temperá xunto con Camariñas e Muxía, son outros aspectos resaltados.

Actividades deportivas, culturaise aforro enerxético

Desde o PSOE tamén falan do «extenso programa cultural e de actividades deportivas», a excavación arqueolóxica do Castro das Barreiras, e » as manobras orzamentarias necesarias para proceder á limpeza e coidado dos Dolmens e outras partes do patrimonio de Vimianzo».

A consecución dun crédito do IDAE pora valor de 2,5 millóns de euros para medidas de aforro enerxético, a posta en marcha do POS + adicional, a reforma do edificio de servizos múltiples, pistas en Cereixo e Baíñas,  e un decantador e unha nova instalación para evitar os problemas que estamos a ter no Parque Empresarial coa auga, son outras mellores que salientan desde o goberno local.

Balance positivo da xestión

Valoran ademais a rápida resposta ás demandas veciñais: “Estanse a substituír papeleiras e colocar outras novas onde se solicitan, así como os colectores de lixo, repintamos os vados, limpamos as marquesinas, en definitiva, facer un mantemento sostible que permita dar sensación de coidado como se merecen os nosos núcleos e a nosa vila, facendo cada vez o concello máis acolledor”.

 Mónica Rodríguez fai un «“balance positivo da xestión, que non sería posible sen a colaboración das compañeiras e compañeiros de Goberno e da plantilla municipal que se implicou de xeito profesional en todo o que se lle encomendou, entendendo o sobreesforzo necesario polo ben común en algunhas das actuacións, como o adecentamento das rúas e núcleos para as festas ou o apuro do papeleo para que non se perderan oportunidades por culpa dos prazos”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos