4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

David Barbeira:“Os gobernos de coalición nunca son fáciles, pero se cada un sabe estar no seu sitio non deberia haber máis problemas”

Entrevista con David Barbeira, a partir do minuto 36 do audio

Días despois do controvertido pleno do pasado venres, o alcalde de Santa Comba participou no programa de Radio Xallas “Na Encrucillada”. David Barbeira non quixo polemizar pero si deixou varias mensaxes. 

Non quere falar de ruptura nin de confrontación pero avanza que “haberá veces que teñamos que discutir e veces que estaremos de acordo”. Neste sentido apuntou que “ eu dou a miña versión e digo porque voto a favor ou en contra. Obro en consecuencia”. 

“O PSOE decidiu presentar catro mocións sen consultar” 

Explicou que “o PSOE decidiu presentar catro mocións sen consultar” e que rexeitou tres propostas con argumentos.”Podes ter un socio e non estar de acordo con el. Os gobernos de coalición nunca son fáciles, pro se cada un sabe estar non seu sitio non debería haber máis problemas”. 

Insistiu en que sería “irresponsable” trasladar os plenos para o multiusos sen cobertura legal. Sobre a piscina, parécelle “esaxerado” emprender accións xudiciais cando a empresa quere resolver os problemas. 

En relación coa auditoría externa, lamenta que se use “desgastar a miña persoa” pero matiza que agora mesmo podería supoñer un gasto sen resultados.” Non estou en contra da auditoría pero hai que asegurarse ben e que sexa para algo”. 

Cen días de traballo intenso no goberno xalleiro

O mandatario xalleiro valorou positivamente estes primeiros meses de goberno, no que se fixo “un traballo intenso e agora empezarán a verse os resultados”. Desvelou que hai contactos coa Xunta para demandar máis chan industrial e que tamén pretende “dar unha solución a parcelas que non están ocupadas” e saber a demanda real que existe de novas instalacións. 

Ademais referiuse ao Centro de Día. Informou que estaban a inspeccionar a Vivenda Comunitaria para ver que é o que necesita para albergar un Centro de Día, e que  xa mantivo contactos con algunha empresa. Confirmou que se dotaría de céspede artificial ao campo de Fontenla, aínda que cualificou de “desastre” o proxecto que había, xa que quedaban zonas sen arranxar. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos