9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

PP de Ponteceso:“Se a auga é tan potable, que a beba o Alcalde e a empresa concesionaria”

Pedirán unha comisión de investigación e esixen melloras no servizo de augas.

O grupo municipal do Partido Popular de Ponteceso critica a “nefasta xestión” da problemática relacionada co brote de gastroenterite detectado en Corme.”Todo se resumíu en repartir botellas de agua e criticar á Consellería de Sanidade por facer,como se víu, ben o seu traballo”.

A formación liderada por Daniel García Cotelo lembra que “sempre houbo unha rede de abastecemento modélica no noso Concello” pero que “leva catro anos en precario e co contrato caducado”.

Os populares preguntan porque non se informou da existencia dun expediente aberto en decembro de 2018 ao concello de Ponteceso, e tamén quen “se vai facer cargo dos gastos de termos que deben ser vaciados, desinfeccións de calentadores ou os gastos de traballadores que por mor do virus non poideron ir traballar?”.

Informe “demoledor” de Sanidade

Critican que o alcalde dera por bo o informe da empresa “cando o informe da Consellería de Sanidade é demoledor? Se a auga é tan potable, que a beba o Alcalde e a empresa concesionaria”.

O PP afirma que o abastecemento e o saneamento “non foi unha prioridade para este alcalde máis preocupado por pistas de padel que por darlle auga de calidade aos veciños”.

Anuncian a petición “dunha comisión de investigación sobre este asunto, esiximos melloras  no servizo de augas e a publicación do concurso público do ciclo, de inmediato. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos