//Xosé Manuel Lema // A Xunta confirma a ampliación de prazas na Escola Infantil de Vimianzo//Mónica Rodríguez, orgullosa de desatascar un asunto prioritario para Vimianzo.
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dou luz verde á ampliación de prazas(de 41 a 61) na Escola Infantil de Vimianzo, así como a mellora das instalacións.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, non ocultou a súa satisfacción xa que deste xeito “estamos a dar solución a unha importante demanda, especialmente no horario de mañá e favorecemos as condicións para a conciliación das familias con fillos de 0 a 3 anos”.
Melloras na Escola Infantil
Desde o goberno local confirman que o expediente estaba paralizado desde 2017 “pola falta de entendemento” entre o goberno de Manuel Antelo e a Xunta de Galicia.
A Escola infantil conta cun novo comedor, un novo almacén e unha sala de profesores:”No relativo ás instalacións, o proxecto contempla a accesibilidade dos baños a persoas con discapacidade, a mellora da iluminación e da ventilación, contar cun patio de xogos pechado, a mellora das condicións hixiénicas xerais das aulas e das condicións de accesibilidade e seguridade de todo o centro” informan desde o concello.O comedor vello utilizarase como sala multifuncional.
Recuperar o atractivo de Vimianzo
“En lugar de seguir enzarzados en recursos e en informe para arriba e informe para abaixo convertemos o asunto nunha prioridade” declarou Mónica Rodríguez que agradeceu o traballo dos concelleiros de Política Social e do persoal municipal.
“Un dos pilares nos que se asenta o futuro de Vimianzo está en recuperar o seu atractivo para as familias e os investimentos, e pode estar segura a veciñanza que con ese obxectivo nos traballa todos os días este goberno” dixo a alcaldesa socialista de Vimianzo.Agora Vimianzo conta con máis prazas e cunha mellores instalacións.