5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

David Barbeira sobre as prospeccións de terreos en Castriz:”De momento non hai nada, só están facendo catas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, pronunciouse en Radio Xallas sobre as informacións xurdidas en referencia a un proxecto mineiro na parroquia de Castriz.

“Son só catas para ver a cantidade que hai de cobre, cobalto e níquel pero de aí a que haxa uhnha mina hai un mundo por diante e moito que falar. A última palabra tena o concello” precisou o rexedor.

Barbeira tivo a oportunidade de transmitir o seu malestar aos representantes da empresa “por non comunicarnos nada” pero insistiu en que ¨”están realizando mostras de terra en fincas privadas”.

Valorar os pasos a dar se hai novidades

O mandatario xalleiro enviou unha mensaxe de tranquilidade aos veciños de Castriz e da contorna.”Se isto segue adiante, teremos que ter reunións cos veciños e valorar os pasos a dar”. Tamén informou que “van a estar sobre un mes facendo sondeos e de momento non hai nada máis”.

Volverá a haber unha xuntanza entre alcalde e empresa. “Preocúpanme máis o dos parques eólicos”. Barbeira agarda reunirse cos responsables de Greenalia “para negociar unha ubicación que non estorbe a ninguén”.Lembrou o posicionamento do goberno local:”Non imos permitir que se coloque un aeroxerador” na contorna da Fervenza de Castriz.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos