5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Os veciños das Touzas levan máis de nove meses agardando unha solución de Movistar

//Xosé Manuel Lema//

Escoita a partir do minuto 39 deste audio ao veciño Xosé Manuel Caamaño

Os veciños das Touzas, na parroquia de dumbriesa de Olveira senten “impotencia” pola situación que están a vivir. Como explicou un deles, Xosé Manuel Caamaño, na sintonía de Radio Xallas o pasado 21 de decembro as adversidades meteorolóxicas provocaron a caída dun dos postes telefónicos do lugar. Outro quedou medio derrubado, e ao día seguinte o impacto dun camión tamén o tirou.

Aquí comezou un rosario de chamadas telefónicas e partes de incidencias ao servició técnico de Movistar. Nun principio seis veciños quedaron sen servizo de teléfono fixo e sen ADSL. Agora xa son catorce.

“No servizo de atención ao cliente non dan solución. Seguimos igual. Cada veciño temos máis de tres ou catro partes e máis de vinte chamadas pero non vemos unha saída”.

E van máis de nove meses. O único consello que recibiron foi pasarse a telefonía móbil para non estar incomunidados ou ao servizo Movistar radio, que non ofrece un servizo que lles convenza.

Hai xente maior que quere o tradicional teléfono fixo. E tamén algún negocio que non pode usar a ADSL. Piden ser atendidos e critican a “deixadez” da compañía telefónica, ao non dar unha resposta efectiva despois de tanto tempo.Na localidade veciña de Vilar de Olveira “as liñas están tiradas polo chan”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos