Xosé Manuel Lema
Entrevista a José Antonio Diéguez a partir do minuto 33
En medio da pretensión de instalar un aeroxerador na parroquia de Castriz, no concello de Santa Comba, comezouse a falar dun proxecto mineiro que pretende a extracción de niquel, cobalto e cobre na mesma contorna.
Segundo José Antonio Diéguez, da asociación Ventonoso, este proxecto de Castriz “parece estar máis enfocado a ter dereitos de superficie que a rendabilidade dun aeroxerador”.
Contratos de superficie para especular
Porque as empresas eólicas alugan unha superficie non o vento. Estes contratos de dereitos de superficie poderían ser “unha maneira de especular non só co aire senón tamén cos terreos”.
“Parece case un capricho colocar un aeroxerador, tan lonxe dos outros. Se cadra está pensado por outros motivos” asegura Diéguez, que confirma que “hai empresas eólicas relacionadas con mineiras. Todo está ligado”.
Diéguez con José Antonio Ucha en una charla en Castriz
Atrasos no proxecto eólico
Sobre os parques proxectados de Campelo-Bustelo-Toural, desde Ventonoso está convencido de que non van a cumprir o prazo de execución do 31 de decembro de 2019 e polo tanto “van a perder 60.000 euros por megavatio” das fianzas depositadas.
“Estes proxectos non estaban moi madurados, porque saíron de cero, pero iso non quere dicir que non os retomen. Coa actual Lei Eólica de Galicia é moi posible que se acaben facendo” comenta Diéguez.
Ao parecer a empresa promotora, Greenalia “xa fixo movementos de financiación” e recurreu a unha firma experta como Elecnor “que sí ten capacidade técnica”