14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

“Cando son máis importantes unhas festas que o coidado dos nosos maiores, xa non podemos esperar nada”

//Xosé Manuel Lema//

A entrevista de Daniel García a partir do minuto 1:03:00 deste audio

Daniel García Cotelo exerce como portavoz do Partido Popular de Ponteceso e tamén como presidente da xunta xestora. Colle as rendas do partido nun momento complicado pero afirma ter ilusión diante “dun reto bonito”.

Baixada de impostos e Lei de incendios

Explica que a xunta xestora “é un mecanismo para dirixir o PP pero tamén están os afiliados que son moitos no concello de Ponteceso”.
Sobre o arranque de lexislatura de Lois García fai o seguinte resumo:”Un pleno para poñerse un soldo de 50.000 euros, o segundo pleno sen asistir e no terceiro proposto pola oposición non queren falar nin da baixada de impostos nin do cumprimento da lei de incendios forestais”.

“Imos coñecer ao señor alcalde”

García Cotelo remata a súa valoración con esta conclusión:”Cando son máis importante unhas festas que o coidado dos nosos maiores, xa non podemos esperar nada. É máis importante un concelleiro para montar festas que para levar os servicios”.

O portavoz popular pensa que nesta lexislatura “imos coñecer ao señor alcalde” xa que no anterior mandato, ao ser un goberno tripartido “controlábanse entre eles”. Recoñece que o mandatario “ten a maioría absoluta pero que non diga que é o mais demócrata nin conciliador porque non é asi”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos