2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

O solo industrial, un obxectivo prioritario para o concello de Zas

//Xosé Manuel Lema// O goberno local buscou asesoramento técnico na Xunta para encontrar a solución máis viable.

Entrevista ao alcalde de Zas desde o minuto 37 deste audio

O alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín(BNG), amosouse ilusionado neste novo mandato xa que “a cidadanía refrendou o traballo que fixemos, e agora queremos seguir modernizando o concello aplicando o sentido común”.

Un dos grandes retos é o de “conseguir solo industrial”. Manuel Muíño lembrou que unha opción pode ser “facer un polígono por fases” nos 500.000 metros cadrados que hai na parroquia de Lamas.

Desde o goberno local manteñen conversas con Instituto Galego de Vivenda e Solo para buscar a saída mellor. “Temos un remanente de máis de cinco millóns de euros” lembrou o alcalde, que agarda que “o reto se leva a cabo nesta lexislatura”.

Crítica á Xunta:»Non se inviste no rural»

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, tamén falou do proxecto da futura praza de Baio, na que se invisten 384.000 euros, aínda que apelou a tódalas “cautelas administrativas” que acompañan a esta obra “porque é algo similar a unha expropiación”.

Outro asunto de actualidade é a precariedade no servizo de atención pediátrica: “Falan de que invisten no rural, pero no servizo de pediatría pasamos do recorte a non cubrir as baixas.Está claro que non se inviste no rural”.

Outra eiva son as políticas do estado no tocante o aspecto económico:”Os concellos estamos moi limitados e case se nos asfixia economicamente”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos