5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

A Xunta inviste máis de 119.000 euros na mellora da rede de saneamento do polígono industrial de Santa Comba

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste máis de 119.000 euros para levar a cabo a mellora da rede de saneamento do polígono industrial de Santa Comba. Este parque, construído no ano 2003, ten unha superficie de 113.454 metros cadrados e conta con 24 empresas.

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta actuación que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Concello de Santa Comba, ten como obxecto levar a cabo a reforma e mellora de capacidade da rede de saneamento que permitirá separar a rede de pluviais e de fecais para evitar o colapso do colector existente e reducir o bombeo á Edar de Santa Comba, xa que esta obra permitirá enviar só as augas fecais co conseguinte aforro económico para o polígono e para o funcionamento habitual da estación depuradora do municipio”. 

Reducir o envío do caudal de augas pluviais

A través dun comunicado de prensa Rodeiro informou que  «esta actuación permitirá reducir o envío do caudal de augas pluviais para poder asumir un maior caudal de fecais en previsión de novas implantacións de actividades neste polígono”, puntualizou o delegado territorial.

O delegado da Xunta sinalou que con esta orde de axudas “a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais”. 

O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o co desenvolvemento das súas infraestruturas e co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade. Ademais, “este tipo de apoios ao emprendemento son actuacións que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia”, puntualizou Ovidio Rodeiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos