14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Grixoa de Esternande xa conta cunha asociación veciñal para defender os intereses da parroquia

Un grupo de veciños de Grixoa de Esternande decidiu dar o paso e crear unha asociación para dinamizar as actividades na parroquia.O presidente é Marcos Mouro, o vicepresidente  J.Álvarez, o secretario Xosé Abelenda e o tesoureiro, Martín Rial.

A asociación de veciños de Grixoa de Esternande-Minas de  Varilongo xa presentou as súas reivindicacións ao alcalde de Santa Comba, David Barbeira, e xa arrincaron un compromiso, que antes de fin de ano acométase o arranxo da Casa da escola.

Escoita a entrevista a partir do minuto34 do audio

Ter en conta a Grixoa de Esternande

«Ata o de  agora o  concello  non nos  tivo  moito en  conta, e estamos cansados de que se nos esqueza sistematicamente nos  POS.  Grixoa  non aparecía nos  Plans de obras»  sinalou en Radio Xallas o secretario da entidade, Xosé Abelenda.

O «punto principal» das  súas  peticións  é a  estrada de San Salvador:»Queremos que  chegue  nunha  primeira fase  ao cruce da mina e  despois a Grixoa de Esternande».Con respecto á Mina de Varilongo lembran que «a  nosa parroquia forma parte do contexto da mina e queremos que nos inclúan nos  proxectos para dinamiza-la».

Telecomunicacións obsoletas

Outras melloras solicitadas son a restauración de muíños, o asfaltado do campo da festa, a mellora da vía que comunica a parroquia con  Boaña, ou outros camiños interiores.

Tamén lamentan o atraso que hai nas telecomunicacións:»Non hai nin internet por cable, temos un sistema vía satélite.Non é competencia do  concello pero pode presionar».

A nova entidade ten ilusión e moitos proxectos entre eles o de deseñar un roteiro pondaliano, inspirado nas referencias do insigne vate galego a  Grixoa de  Esternande.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos