16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

O BNG pide aos alcaldes da Costa da Morte que se mobilicen na defensa de Ferroatlántica

O BNG da Costa da Morte solicita aos alcaldes e alcaldesas da zona que se movilicen a favor de Ferroatlántica xa que polo momento “A incidencia dos seus  actos  é mínima, xa que se limita a enviar unha carta ou comunicación a Xunta e a aparecer na foto de rigor”.

Consideran que actualmente na comarca “non hai problema maior, nen de máis urxencia” que o que se refire a Ferrotlántica polo que piden que se leve a cabo a composición dunha “comisión permanente de seguimento do conflicto” e  “unha mesa de negociación cos sindicatos, partidos políticos e activos sociais na defensa da actividade industrial na Costa da Morte”.

Pronunciamento da Xunta

Ademais demandan que os integrantes desa “mesa” esixan á Consellería de Industria un pronunciamento “sobre a venda da fábrica e de se se cumpre coa legalidade” e que se solicite aos novos xestores a presentación  dun plan de viabilidade da empresa”.

Desde o BNG tamén manifestas que “de producirse un peche dos fornos das fábricas ou unha diminución da actividade, as concesión deben de reverter de novo sobre o público, e os concellos afectados serán parte activa no futuro das mesmas, sen excluir seren eles mesmos quen sexan os maiores beneficiados dos activos millonarios que reportan”.

Os nacionalistas pensan que “é a hora de ser valentes” e anuncian que rexistrarán esta petición nos plenos dos concellos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos