5.1 C
Santa Comba
lunes, diciembre 5, 2022

Entrega de premios da sexta edición de A Laracha de Tapas

Nun acto desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Rocío López entregaron os premios da sexta edición do concurso A Laracha de tapas.

O Concello repartiu 750 euros nas dúas categorías de premios aos doce establecementos participantes. Os gañadores foron:

1º premio do xurado profesional (300 €): Café Bar Nuevo Marchica (Faceira glasada ao romeu).

2º premio do xurado profesional (250 €): O Noso Café (Roliño de verán).

Premio do xurado popular (200 €): Café Bar Aqua (Tosta terra e mar).

Cabe lembrar que os membros do xurado profesional foron os bloggers gastronómicos  José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).

O xurado popular formárono todos os clientes que depositaran os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. En total foron rexistrados 1.165 votos válidos e entre todos eles foron sorteados 69 agasallos cedidos polos propios establecementos participantes e as empresas colaboradoras (Estrella Galicia, Bodegas Carballo, Almacenes Cancela, Prolimbe e Fernández e Carro).

Durante o outono o Concello da Laracha ten previsto organizar as rutas de tapas nas vilas de Paiosaco e de Caión.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos