18.2 C
Santa Comba
domingo, mayo 28, 2023

Doce locais participan na ruta das tapas larachesa

José Manuel López Varela agarda que se xere “movemento social e económico” durante a fin de semana.

A sexta edición do concurso A Laracha de tapas celebrarase do venres 9 ao domingo 11 de agosto co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio. O evento foi presentado hoxe no Concello da Laracha polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, xunto a representantes dos locais participantes.
 
O rexedor municipal en primeiro lugar quixo agradecer a participación e excelente acollida do sector hostaleiro a esta iniciativa municipal, do mesmo xeito que sucedeu en anteriores edicións. López Varela apuntou que “sen a implicación do sector é imposible que este evento poida funcionar”. Esta ruta de tapas xa está consolidada na capital municipal e atrae en cada edición a miles de persoas. O alcalde, que tamén destacou a calidade das tapas, agarda que se volva xerar “un movemento social e económico tan importante como nos cinco concursos anteriores”. 

Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, lembrou que haberá 750 euros en premios. O galardón do xurado popular á mellor tapa está dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes. Cada establecemento terá a disposición do público urnas pechadas e as papeletas para emitir as votacións, que deberán estar debidamente cubertas e contar co selo de tres locais, xa que para votar é imprescindible ter degustado tres tapas diferentes. Todos os votos válidos entrarán no sorteo dos regalos doados polas empresas colaboradoras.

A categoría do xurado profesional contará cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). Os seus membros serán os bloggers gastronómicos  José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).

Ademais, o Concello distribuirá un mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Tamén haberá un tren turístico que realizará continuamente unha ruta entre os locais que forman parte do concurso.

A relación dos doce locais que participan en A Laracha de Tapas e as súas elaboracións é a seguinte:

Hotel-Restaurante ABC: Sopor.

Café Bar Aqua: Tosta “Terra e Mar”

Café-Bar Guadalupe: Bocata marítimo.

Manhattan Skyline: Salteado de verán.

Café-Bar Mariño: Tenreira con guarnición.

O Noso Café: Roliño de verán.

Cervexaría O Trasno: Mestura.

Bar Sandra: Cazola de arroz.

Bar Sara: Polo primavera.

Café Bar Nuevo Marchica: Faceira glaseada ao romeu.

Café Bar O Encontro: Luriñas “O Encontro”.

Ambigú: Solombo de porco con froitos do bosque.

As tapas estarán a disposición do público o venres en horario de tarde-noite (de 19:00 a 00:00 horas) e o sábado e o domingo, tanto en horario de mañá (12:00 a 15:00 horas) como de tarde e noite (19:00 a 00:00 horas).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,844SeguidoresSeguir
1,120SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos