6633 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Intercambio dialéctico entre PSOE e PP nun pleno de transición en Santa Comba

Costa da Morte | Publicada: 28/07/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 31 segundos.

Foto-arquivo AG- Vídeo- Concello de Santa Comba

No pleno celebrado en Santa Comba aínda se notaba o cambio de responsabilidades recentes. Mentres o PP tentaba vender os logros máis recentes do seu mandato o PSOE afeaba a xestión dos conservadores. Un intercambio dialéctico co alcalde David Barbeira lanzando unha mensaxe clara:“Temos que mirar un pouco máis cara o futuro para tentar cambiar Santa Comba.De nada vale estar aquí tirándonos os trastos”.

Coincidiron os dous grupos na reflexión. José Antonio Ucha falaba  de “borrón y cuenta nueva” e María Pose tamén apoiaba a idea de “traballar por Santa Comba”.Pero antes houbo máis dunha hora de debate.

Acta do goberno do PP non aprobada

Non se aprobou a última acta do goberno do PP, xa que o PSOE votou en contra e Compromiso e PP abstivéronse. A Ucha pareceulle “incrible” que os populares non votaran a favor da súa propia acta.”Veñen un pouco cegos” dixo. Si se aprobaron as dúas últimas actas do novo goberno.No pleno aprobáronse varias cuestión relacionadas co funcionamento do concello como os representantes nas comisións informativas ou os decretos do persoal eventual.

Debate entre Ucha e María Pose

Nos decretos, María Pose iniciou un percorrido por temas relacionados co seu mandato. Como o convenio da Unidade de Atención Temperá:”Quero recordar que o PSOE votou en contra deste servizo completamente de balde”. Para Ucha foi “tal a bicoca que o primeiro que fai Mazaricos é botarse fora”.

Pose enumerou varias obras feitas e outras licitadas pendentes de execución   e referiuse a investimentos previstos como un circuíto de Calistenia (47.990 euros), ou actuacións na Praia fluvial de Esmorode ou no parque empresarial de Santa Comba.

Cambio de emprazamento da pista multideporte

O tenente de alcalde de portavoz socialista criticou o proxecto de Calistenia xa que “ninguén quere esas tonterías” porque “non me digades que aqueles ferros valen 47.000 euros”. Recriminou que o goberno do PP habilitou unha pista multideporte “nunha zona de afectación de patrimonio” a pesar das advertencias do PSOE “de que non se podía construír”. Finalmente haberá que cambiar de localización.

A concelleira popular Silvia Cancela asegurou que concellos como Arteixo “teñen varios” circuítos de Calistenia e con respecto á pista multideporte, desde o PP aseguraron que os informes técnicos avalaban o emprazamento e que “os nenos están facendo uso dela”.“Igual lle parece barato” afirmou José Antonio Ucha con respecto ao gasto de 16.400 euros “na Clásica Gandeira nun solo día”.

Proxecto de Fontenla con deficiencias

Tamén denunciou a construción de muros en propiedades privadas, algo que o PP negou, o gasto da Festa dos Maiores, con 35.752 euros de gasto “cun contrato a dedo saltándose a lei”, ou o destinado ao congreso Periodipesca “o timo máis grande do concello”.

A quenda de rogos e preguntas foi un tanto atípica con respecto a maioría dos concellos. O PP preguntou por varias licitacións, entre elas a do campo de fútbol de Fontenla. “No próximo pleno diremos a decisión que imos a tomar” precisou o rexedor, que estableceu dúas preguntas á oposición.

Unha precisamente relacionada co proxecto do estadio xalleiro, que se enfronta a unhas deficiencias no proxecto. Barbeira quería saber cómo tiña pensado salvar este obstáculo o goberno do PP. Silvia Cancela ofreceuse a informar ao mandatario privadamente. 

Andaina contra o parque eólico de Castriz

Ademais quixo saber a postura do PP sobre unha andaina contra o proxecto de parque eólico que afecta a Castriz, xa que lle gustaría que houbera un “posicionamento unánime”. A portavoz popular argumentou que xa estaban en contacto cos veciños. No pleno a concelleira Blanca Ruzo interpelou a María Pose con respecto a xestión dos servizos sociais, o que provocou un debate entre ambas.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

“A Filla do Lobo”: un cómic de Neva Noctiluca e Bernardino Martínez que mestura  a historia e a lenda

“A Filla do Lobo” é unha nova mostra das expresións artísticas que latexan na Costa da Morte. Neste caso en forma…

Ler máis
 Pablo Canosa:”No sector turístico da Costa da Morte hai moita incerteza e moito medo”

As palabras do presidente de APTCM e secretario da CMAT, Pablo Canosa, representan unha fotografía do sentir da comarca…

Ler máis
854 casos activos de coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de c…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Eskariam Leche
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Tiburón-19

Francisco Martínez Pin

La  acción de Tiburón (Jaws, 1975) transcurre en Amity Island, una encantadora ciudad turística de la costa de Nueva Inglaterra. Una mañana apare…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Memoria Histórica, pero para todos

Francisco Martínez Pin

Los niños de la guerra, esos que recuerdan el famélico año 41, los de la cartilla de racionamiento, del pan de habas, del aceite que no era aceite,…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Covid-19:¿Somos un país o un despaís?

Borja Ramos Arribi

La historia nos demuestra que casi todos los programas de shock son exitosos en el alcance de sus objetivos y casi todos los gradualistas fracasan. …

Borja Ramos Arribi
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Intercambio dialéctico entre PSOE e PP nun pleno de transición en Santa Comba | Costa da Morte | Adiante Galicia