5.5 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

O arquivo fotográfico Vidal, declarado Ben de Interese Cultural polo Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu conta da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Arquivo Vidal, situado no Museo do Mar de Laxe. Así se acordo no Consello da Xunta.


A Xunta acorda establecer medidas para a súa salvagarda e valorización “xa que constitúe un testemuño gráfico e documental de moito interese” coas instantáneas feitas por Plácido Vidal Díaz e José María Vidal García.

Integrado como fondo singular no arquivo municipal de Laxe, está formado por 43.475 fotografías en soporte plástico, 5886 fotografías en vidro e 10.306 en papel, o que supón un total de 59.667 fotografías.

Información da Xunta

Segundo a Xunta “O decreto implica a súa máxima salvagarda e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección. Neste sentido, permitirase o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora, ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración autonómica para a realización dos informes necesarios para a súa conservación; e establecerase un réxime de visita para o público de, polo menos, catro días ao mes”.

FOTOS- ARQUIVO VIDAL

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos