Despois de varias semanas de contactos, o BNG deu por rotas as negociacións para tentar articular un goberno tripartito no concello de Malpica xunto co PSOE e o edil Alfredo Cañizo.
Para o portavoz nacionalista, Daniel Reigía, as condicións expostas son “humillantes” e “inaceptables”. Descártanse de ser “unha simple marioneta” dun goberno que terá a Alfredo Cañizo, como primeiro tenente de alcalde, o que é “un disparate que atenta contra calquera tipo de proporcionalidade e de representatividade”.
Críticas a Alfredo Cañizo
Ademais a Reigía parécenlle excesivas as dedicacións que se propoñen. Están dispostos a apoiar unha “salario digno” para o alcalde Walter Pardo pero anuncian que votarán en contra do soldo de Cañizo.Critican que as negociacións estivesen “mediatizadas” polo “afán de protagonismo” do ex edil de Ciudadanos.
O BNG anuncia unha oposición construtiva e lamentan que non se puidese conformar “ unha alternativa seria e progresista”.