9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O BNG non formará parte do goberno de Malpica

Despois de varias semanas de contactos, o BNG deu por rotas as negociacións para tentar articular un goberno tripartito no concello de Malpica xunto co PSOE e o edil Alfredo  Cañizo.

Para o portavoz nacionalista, Daniel  Reigía, as condicións expostas son “humillantes” e “inaceptables”. Descártanse de ser “unha simple marioneta” dun goberno que terá a Alfredo  Cañizo, como primeiro tenente de alcalde, o que é “un disparate que atenta contra calquera tipo de proporcionalidade e de representatividade”.

Críticas a Alfredo  Cañizo

Ademais a  Reigía parécenlle excesivas as dedicacións que se propoñen. Están dispostos a apoiar unha “salario digno” para o alcalde Walter Pardo pero anuncian que votarán en contra do soldo de Cañizo.Critican que as negociacións estivesen “mediatizadas” polo “afán de protagonismo” do ex edil de Ciudadanos.

O BNG anuncia unha oposición construtiva e lamentan que non se puidese conformar “ unha alternativa seria e progresista”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos