Escoita a entrevista a partir do minuto 8 deste audio
Xosé Manuel Lema//
A xalleira Melani Lois Barcia segue colleitando éxitos no mundo do baile deportivo. É a actual campioa galega e sub campioa de España na modalidade de “Salsa shine”, entre outros premios logrados nos últimos anos en distintas modalidades.
Enganchouse de pequena a esta paixón, que comparte xornalismo, e no oculta que espera “manterme sempre en contacto co baile e non me imaxino sen haber descuberto este mundo”, tanto na competición ou, nun futuro, dando clases.
Ten como parella a Cristian Domínguez. Ten claro que no baile “inflúe moitísimo a parella, non todo o mundo pode bailar con todo o mundo”. E ademais ten que haber “compenetración e complicidade”.
Unha apaixoada do baile deportivo
Precisamente o campionato galego deste ano acadouno en individual. Foi unha nova experiencia:”Bailar soa supoñía un reto; en parella os nervios repártense entre dous, pero ti soa, tes unha presión. O primeiro non tiña claro se sería capaz”.
Con este deporte, Melani séntese “feliz”. Desprende humildade por tódolos lados:”Non podes crerte nada porque sempre queda mito camiño por andar” asegura.
Non se esquece da academia Arte e Movemento, a cal pertence, nin do apoio da súa familia “senón isto sería inviable”.Agora segue compaxinando o seu traballo cos adestramentos, porque ata o mes de novembro non haberá de novo competicións.”Nunca se acaba de perfeccionar unha coreografía” comenta a moza xalleira cun sorriso permanente que preside a súa mirada.