2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O alcalde de Santa Comba atenderá tamén ós veciños durante varias tardes na casa consistorial

Audio coa entrevista en Radio Xallas a partir del minuto 38 del audio.

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, anunciou que en datas vindeiras ampliará o horario de atención aos veciños:”Imos a recibir xente polas tardes un par de días” asegurou.

Ademais, nunha entrevista en Radio Xallas, avanzou que “pronto se empezarán a ver os resultados dos cambios que se están a realizar”. Explicou que nestas primeiras semanas de goberno “estivemos reorganizando todo e facendo o traballo interno” e quixo “dar as grazas aos traballadores porque fan fácil o día a día” e están implicados co novo executivo.

Plenos no multiusos

Insistiu na súa idea de que as sesión plenarias se desenvolvan no edificio multiusos, utilizando “as ferramentas que hai para facelo de forma legal”.

Entre as prioridades a curto prazo, Barbeira sinalou a necesidade de axilizar a limpeza de cunetas “con outra quenda de tarde”. E destacou ademais a intención de “empezar a falar” sobre o Centro de Día público, a mellora do polígono industrial ou sobre o apartado da formación.
Para agarda poder cambiar as cousas para que non se repita a situación do Verán Lúdico e “temos que mirar de facelo para que non quede ninguén fora”.

David Barbeira pídelle aos veciños que “nos dean ese tempo para que se vexa o traballo” e poder “darlle solución ás moitísimas cousas que nos están chegando”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos