6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Nos vindeiros días acometerase unha actuación urxente de reparación das fochancas na estrada de Touriñán

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela e o rexedor de Muxía, Iago Toba reuníronse co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, para interesarse pola execución do convenio para reparar a estrada de Touriñán. 

Segundo trasladaron os rexedores, nos próximos días iniciarase un rebacheo urxente da estrada de Pereira ao Cabo Touriñán, e nos próximos meses, acometerase a actuación integral prevista, unha vez termínense os informes oportunos.Hai uns días, Iago Toba, explicou no programa radiofónico “ Na Encrucillada” que esta mellorar era esencial. 

BNG de Cee

Ante estas noticias o portavoz do BNG de Cee, Serxio Domínguez declarou que  “levamos un ano de retraso, sobre a promesa da Autoridade Portuaria, do arranxo definitivo e total da vía, un ano no que o oscurantismo e o silencio foron totais, un ano no que incluso houbo quen asegurou en campaña que a obra estaba xa licitada”.

Con respecto á mellora que se vai a realizar con carácter inmediato, desde o BNG presentaron un escrito no concello para que se advirta á Autoridade Portuaria que a actuación “non sexa como a última na que se invertiron tan só dez mil euros, xa que con  algo similar non se lle fará, prácticamente, mellora sustanciable”.

Partido Popular de Muxía

E o PP de Muxía denuncia os incumprimentos por parte do goberno central e pide ao rexedor, Iago Toba, que defenda os dereitos dos cidadáns. Consideran que o rebacheo non é unha solución “nin definitiva nin temporal”.

A portavoz popular Sandra Vilela pensa que “o alcalde do meu concello debería defender ós veciños de Muxía por riba de todo, gustaríame saber cal sería a súa actitude se no goberno central, do que depende a autoridade portuaria, gobernase o Partido Popular en lugar de facelo o seu partido”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos