10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

A trikicacharela do campo do Escaravello de Laxe

Óscar de Souto//

Poucos dias antes de celebrarse os comicios municipais na vila laxense pronostiquei dende Adiante Galicia o cambio político no Consistorio de Portozás e utilicei como símil literario aquel Trikitanic do entroido, fermosa réplica creada por integrantes dunha asociación local que, hoxe, volta a ser noticia social e política por outro barco, desta volta un trikibarco de palets que amenizaría as festas de San Xoan con sardiñada e cacharela de proporcións bíblicas. 

Nesta ocasión pareciase mais a arca de Noé e, efectivamente, como é lòxico foi retirada. Aludir a que o Concello ten xa un seguro de responsabilidade civil no caso dunha posible catástrofe é, baixo o meu criterio, unha profunda irresponsabilidade. 

Unha vida humana canto custa ? Quedar unha persoa queimada ou defigurada,  que se queime a túa vivenda con xente dentro…..que precio ten ? Neste asunto tan falado entre a veciñanza debo sentenciar varios puntos. 

O Señor Alcalde, Don Jose Luis, non é un dictador tirano que aplasta cacharelas, como din xa algúns veciños, lease o comunicado municipal, senón que limitase a cumprir as obrigas e responsabilidades propias do seu novo cargo según informes técnicos, consensuadamente, meditadamente, e consultando a esas instancias superiores que verdadeiramente determinan este tipo de asuntos. Facer unha cacharela e divertirnos ? Si, claro que si, todos de acordo. 

Pero coa correspondente autorización do dono da leira, coa autorización municipal e facendo as cousas con xeito intentando non poñer en perigo a ningún veciño. Acerto por parte do goberno municipal por retirar esa descomunal cacharela preto de vivendas e novo fallo catastròfico da trikiorganización. E ata outro novo trikibarco e outra nova trikinovela, made in ReLaxeSE, dos estraordinarios astaleiros Trikitraskes, S. L.  

…..informaremos ….. informaremos dende este medio intentando dar todos os datos para que o lector non confunda bulo malintencionado con sinxelo asunto de responsabilidade política polo ben común. 
A festa e a seguridade poden convivir.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos