9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Ucha Velo:“Estábamos obrigados a conformar unha maioría alternativa”

Audio coa entrevista a José Antonio Ucha Velo

O portavoz municipal do Partido Socialista de Santa Comba, asegurou que o seu grupo “cumpriu escrupulosamente co dito antes das eleccións municipais de que íamos a garantir a gobernabilidade deste pobo”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, José Antonio Ucha, indicou que “o pobo pedía un cambio e foi o que lle demos”, escoitando a “vontade da xente por riba dos egoísmos”.

O líder socialista asegura que o apoio dos socialistas a David Barbeira non se pechou ata o final, e que “foi unha decisión persoal” e polo tanto que está disposto a asumir todas as consecuencia se saía mal”.

Para Ucha en Santa Comba xestou un “pacto pola estabilidade”, matizando que “os socialistas estamos avalando un acordo de continuidade”.O portavoz socialistas entende que este cambio é “unha máquina imparable” que pecha un ciclo dun Partido Popular que “parasita e utiliza as institución para o ben da súa continuidade”.

Ucha declarou que “non é unha vendeta persoal, queríamos dar unha posibilidade de cambio.Había que romper este ciclo pernicioso do Partido Popular que in extremis collía a alcaldía ao prezo que fora”.

Non se mostra partidario das etapas reiteradas dun mesmo partido no poder:”Non se pode repetir ciclos tan longos. Con maiorías absolutas constantemente, iso non é unha democracia. As institucións están ao servizo da supervivencia política. Iso pasa nas ditaduras”.

José Antonio Ucha aclarou que estamos ante un pacto “de igual a igual”, e que se crearán “xuntas de coordinación” para tomar decisión conxuntamente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos