Comunicado do PSOE de Coristanco (Íntegro)
Os Socialistas de Coristanco, tras os contactos mantidos cas demáis formación políticas nestas últimas semanas (excepto Contigo Somos Democracia); seguirá coa mesma línea e intencións, as cales xa foron explicadas aos veciños e veciñas de Coristanco en campaña electoral:
«Si o Psoe gañaba, gobernaría; si non gañaba, non pactaría con niguén»
Tanto as xuntanzas como os contactos telefónicos mantindos nestos días coas demáisforzas políticas foron cordiales, sin esixencias por parte do Psoe e sempre deixando claro a mensaxe: O Psoe quedarase na oposición (e iso que por parte dalgunha formación se «intentou con insistencia» que cambiaramos a nosa forma de pensar).
O Psoe de Coristanco agradece aos veciños e veciñas o apoio recibido na última convocatoria electoral do 26 de maio. Os veciños e veciñas quixeron que os Socialistas os representen dende a oposición; e así será.
Os Socialistas de Coristanco traballarán dende a oposición; para que o Concello comece a medrar, os veciños e veciñas teñan servicios de calidade, recuperen dereitos e calidade de vida.
Así mesmo, os Psoe de Coristanco quere recuperar a confianza da veciñanza de Coristanco nesta nova etapa e demostrará que «non vale todo en política»; porque o PSOE non acepta ni aceptará baixo ningún concepto as prácticas e as decisión tomadas con anterioridade, sobre todo na lexislatura pasada.
Este «novo» Psoe non vai a pactar con ninguén ni formará parte de ningún acordo, e menos con persoas que fomentaron unha moción de censura, que o único que fixo foi perxudicar aos veciños e veciñas de Coristanco.