6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso Santa Comba decide non recorrer ao Contencioso

A corporación xalleira queda conformada por seis concelleiros do PP, seis do PSOE e un de Compromiso.

Nota de prensa  íntegra de Compromiso

COMPROMISO SANTA COMBA NON IRÁ O CONTENCIOSO 
 

Antecedentes dos feitos:

O día 26 de maio lévase a cabo o reconto da mesa de Vilar e por un erro de trascripción, na acta de sesión ponlle os votos do PP para o PSOE e viceversa, con este novo resultado o PSOE sube 1 concelleiro que o perde CxG 

O día 29 de maio ten lugar na XEZ de Santiago o reconto de votos nulos, nese acto o PP fai constar en acta que existe un erro na acta de sesión da mesa de Vilar, que non coincide coa realidade da votación, a cal sí aparece correctamente na acta de escrutinio. 

Nese momento CxG non presenta alegacións, pois os votos que están erróneos non son os do seu partido, e por parte do PP non houbo máis reclamacións, ainda que perden 67 votos. En CxG deuse por válida a reclamación feita polo partido que perdía os votos pero que a xuiza que dictamina a validación real non tivo en conta, pola falta de continuar a reclamación destes ó día seguinte.  É na entrega de actas de concelleiros do día 30 cando se cotexa realmente que a Xuiza dou por válida a acta de sesión no canto da de escrutinio. 

No día 01 de xuño preséntase recurso contra esa acta aportando a acta de escrutinio, unha declaración do presidente da mesa na que indica que existiu ese erro, declaración de interventores e os datos que foron comunicados o Ministerio de Interior polo funcionario público. (todos os datos coincidían salvo a acta de sesión)

A XEZ de Santiago inadmite a reclamación por ser feita fora do plazo das 24h pois non se ten en conta o momento en que CxG é comunicado do problema, senón que se toma como referencia o acto de reconto. 

O día 02 de xuño remítese reclamación á XEC de Madrid que finalmente tamén inadmite o recurso por non cumplir os plazos. 

Desde o departamento xurídico de Compromiso por Galicia inciden en que existe un erro material ou aritmético, que segundo a lei pode ser recurrido en calquer momento desde que se detecte, pero a Xunta Electoral entende que neste caso non existe este tipo de defecto, e argumentan o seguinte: 

“o argumento do erro material choca coa definición que ten dada a jurisprudencia para definir jurídicamente o concepto de erro material ou aritmético: debe ser un erro tal que, para declaralo, non sexa preciso realizar ninún razoamento ou interpretación xurídica, sen que sexan necesarias probas ou o análise de documentación contradictoria.”

Tendo en conta esta definición do erro material, non se sostén a vía xudicialque o erro acontecido é de tipo material, a razón disto é que a XEZ de Santiago si tivo que facer unha análise xurídica para resolver as discrepancias entre as actas de escrutinio e de sesión, dándolle prevalencia á acta de sesión fronte á de escrutirnio porque esta última é unha acta que se elabora a efectos de dar a información provisional dos resultadcos electorais (art. 96 da LOREX). Legalmente considérase que ten máis relevancia a acta de sesión porque é o documento orixnal que contén os datos do escrutinio que se entrega na XEZ (artigos 99 e 100 da LOREX)

Conclusións
Dado a situación descrita evitamos presentar un contencioso-electoral  pois xa se parte dunha resposta clara contra o argumento de soster un erro material nas actas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos