”Terra Galega entende que debe ser o PP o que forme goberno. Desde o minuto 9.
O portavoz municipal de Terra Galega en Coristanco, Amancio Lavandeira, está convencido de que “debe de intentar gobernar o partido máis votado”, neste caso o Partido Popular, e buscar “un goberno forte”.
Lavandeira non quere pechar portas a un posible entendemento co Partido Popular e asegura que “non descartamos nada, nas grandes áreas coincidimos e estamos abertos as propostas que analizaremos”. Deixou claro que o propósito do seu partido é “prestar un servizo aos veciños”.
O que si descarta é artellar unha alternativa na que participen os exalcaldes Antonio Pensado e Abraham Gerpe:”Non vamos a tentar formar ningún goberno no que entre Antonio Pensado e Abraham Gerpe”. Lembra que hai “posturas enfrontadas” e “principios nos que non creemos” e ademais “non temos garantías de que vaia a bo porto” unha posible alianza cos independentes e con Contigo Somos Democracia.
O desgoberno de Coristanco afectou a todos os partidos
Amancio Lavandeira ofrece todo o seu traballo para que “nestes vindeiros catro anos as cousas funcionen como teñen que funcionar” e está disposto a colaborar “sempre que non haxa mercadeo”.
Recoñece que Terra Galega non obtivo os resultados previstos e que todos padeceron “que a xente estaba cabreada, polo desgoberno, por unha moción contranatura e porque se perdeu o norte na política municipal”. Pero sen dúbida “pasou máis factura a Antonio Pensado e a Abraham Gerpe”, aínda que foi unha situación que “sufrimos todos”.