Barbeira falará este vindeiro xoves no espazo “Na Encrucillada” de Radio Xallas, ás 11,15h.
Desde a xornada electoral do pasado domingo todas as miradas están postas en David Barbeira, que xunto coa súa compañeira Montse Almozara, formarán parte da corporación xalleira. Tamén os seis concelleiros do Partido Popular e os cinco socialistas elexidos o 26 de maio.
En declaracións a Adiante Galicia, David Barbeira, fixo unha “valoración moi positiva” dos resultados porque “somos un partido humilde e sabíamos cal era o noso punto de partida”.
Compromiso escoitará a PP e PSOE
Barbeira García indicou que recibiu as felicitacións do portavoz socialista José Antonio Ucha Velo e tamén avanzou que quedaron en falar. Indicou que tamén hai interese en conversar por parte do Partido Popular, e polo tanto, “escoitaremos as distintas forzas como ten que ser en política”.
O líder de Compromiso asegura que “buscaremos o mellor para Santa Comba sen faltar a nosa palabra”.David Barbeira falará este vindeiro xoves no espazo “Na Encrucillada” de Radio Xallas, ás 11,15h.