12.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 21, 2024

Manuel Antelo á desesperada:”Nós dialogamos con todo o mundo”

A candidata do PP asegura que “estamos en reflexión”//

Se algo lle recriminou durante esta lexislatura a oposición ao goberno de Manuel Antelo Pazos foi a falta de diálogo e o seu carácter ditatorial. Despois de perder as eleccións, cun retroceso de tres concelleiros e 927 votos, o líder de Adiante Vimianzo recoñece que non agardaba “este desgaste” aínda que tiña percibido “algún ruído”.

En declaracións a Radio Nordés-Cadena Ser e cando lle falaron dun posible pacto co PP dixo:”Nós dialogamos con o todo mundo, somos unha forza local, e non temos ningún tipo de alianza condicionada”.

Antelo Pazos lembrou que se abre “un escenario onde ten que existir diálogo” e que “o panorama está aberto” e “tódalas posibilidades abertas” polo que non quería “descartar nin avanzar nada”.

Na mesma emisora, a portavoz dos populares Raquel Rodríguez evitou pronunciarse sobre esta posibilidade, asegurando que o seu partido estaba “en reflexión”.

Pola súa banda a candidata ganadora, Mónica Rodríguez, reivindicou o seu dereito a gobernar como forza máis votada. Isto parece que será o desenlace máis lóxico deste proceso, tendo en conta as diferenzas políticas e as controversias existentes entre Adiante Vimianzo e o Partido Popular.Neste comicios o PSOE obtivo 6 concelleiros, Adiante Vimianzo 5 e o Partido Popular 2. 

Foto- Facebook- Adiante Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,330SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos