7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Laxe ten un novo Capitán

Óscar de Souto//

Nas eleccións municipais non se lle vota o partido ….vótaslle a persoa. Esta foi a frase mais repetida estes dias nas conversas sobre política local onde a gran novidade neste recuncho da costa da morte era este cambio radical de rumbo que decidiron tomar os electores laxenses.

Tantos anos de gobernos socialistas e, desta volta, moitos foron os votantes socialistas que mudaron o seu voto para darlle unha oportunidade o partido popular que lidera Don José Luis Perez Añón. El posúe, sen dúbida, ese carisma especial que necesita o posto de Alcalde. Sociable e afable, atento, educado, boa persoa e sabe escoitar. 

Esa pose característica súa coa man no queixo e moi atento a calquera veciño que lle conta algo, o que sexa. Presentouse ademais rodeado dun equipazo que o apoiou incondicionalmente todos estes anos e, agora, ademais, tocará intentar defender a nova posición adquirida e convencer con feitos para manterse no goberno. 

Quedan pois catro anos para facer política e conseguir cousas para a Vila e lembrar, por suposto, que as parroquias….. tamén existen. Outra preocupación tamén moi comentada e ….quén poñerà orden no centro de saúde????. Se Don Jose Luis o fai tan ben de alcalde como de practicante podemos estar seguros de que teràn alcalde para toda a vida. Outro dos problemas vai ser quén completarà os crucigramas do xornal agora que xa non terá nin un minuto libre ? Agora tocaralle resolver outros crucigramas moito mais complicados, abofé. 

Tristeza para os perdedores e ledicia para os triunfadores. 
Un novo capitàn para un novo barco. 
Noraboa Laxe.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos