11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

#Adiante26M – Especial eleccións municipais 2019

Para consultar os resultados da noite electoral esta é a ligazón de Adiante Galicia Resultados Eleccións Municipais 2019

18:51

Segundo avance: participación 18:00 (entre paréntese dato 2015)

A Baña – 65,90%(65,36%)

Vimianzo-63,07%-(62,45%)

Laxe – 63,34%(62,54%)

Corcubión- 63,22%(61,65%)

Cabana – 62,16%-(57,58%)

Zas- 61,74%-(59,68%)

Mazaricos -61,34% (60,64%)

Coristanco- 60,76%-(60,24%)

Muxía-60,14%-(62,11%)

Camariñas -60,10%(60,59%)

Santa Comba – 58,64% (61,87%)- 

Fisterra – 58,63%(54,27%)

Cee- 58,54% – (58,12%)

A Laracha -58,38%-(57,85%)

Dumbría- 56,11%(57,79%)

Carballo- 48,85%(49,06%)

17:49-María Pose:»O futuro de Santa Comba ten que ser escrito entre todos»

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Santa Comba, María Pose, votou sobre as 17,30h no centro municipal de cultura e valorou positivamente esta xornada «de festa democrática» que confía que se peche cunha boa participación «porque o futuro de Santa Comba ten que ser escrito entre todos con respecto, traballo e confianza».

15,30-

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Mauro Aufiero, indicou que que se votaba «polo futuro de Camariñas». Aufiero emitiu o seu sufraxio nunha das mesas situadas na Casa de Pedra da capital municipal. 

15,00

Na maioría dos concellos de Bergantiños, Barcala, Soneira e Fisterra sube a participación con respecto ao ano 2015. Segundo o avance das 14:00h, os crecementos máis significativos rexístranse no concello de Cabana de Bergantiños con 3,80 puntos máis, Laxe con 3,45 ou Zas con 3,12 puntos.

Con todo isto destaca a participación no concello da Baña con un 42,27%. Os concellos de Corcubión e Laxe tamén rebasan o 40% de votos formalizados.

Concellos que suben en participación 

A Baña 42,27% -(39,72%) –

Corcubión 41,63% -(39,04%)

Laxe 40,91%(37,46%)         

Zas- 37,02%- (33,90) 

Cabana de Bergantiños- 36,64%-(32,84%) 

Cee- 37,44% -(35,37%)

A Laracha 36,59% – (35,17%)

Coristanco- 35,83% – (34,38%)

Dumbría- 33,12-(32,91%)

14:12- 

Jornada de votación en el ayuntamiento de Laxe- Foto Óscar de Souto

11,48- David Barbeira agarda que haxa un voto de cambio

O candidato de Compromiso por Galicia en Santa Comba, David Barbeira,espera que haxa un voto de «cambio» para «volver a facer de Santa Comba un concello de oportunidades». O aspirante emitiu o seu sufraxio en Castriz.

11:16- Alberto Calvelo pide votar con ilusión e sen medo

O candidato do Bloque Nacionalista Galego, Alberto Calvelo Lorenzo, votou ás 10:50 no colexio electoral da Pereira(Santa Comba).

En declaracións a Adiante Galicia Calvelo afirmou:»A xornada de hoxe é unha oportunidade para tódolos xalleiros. Animamos a votar sen medo, con ilusión, e a participar no novo futuro de oportunidades, progreso e bó facer que lles ofrecemos»

.

10:44 César Ramos:»Un voto polo cambio histórico na Baña»

O candidato de Compromiso por Galicia no concello da Baña,César Ramos Domínguez votou sobre as 10,20 da mañá no colexio electoral de San Vicente.Ramos falou «dun voto polo cambio histórico na Baña». Nas elecciónes neste municipio hai catro opcións políticas en liza.

10,21-

A partir das 14:00h teremos o primeiro avance de participación nos nosos concellos. Compartimos un gráfico da participación histórica no concello de Santa Comba, un municipio con alta participación nos dous últimos comicios municipais

9,48 Mónica Rodríguez anima á participación nun «día histórico»

A candidata do Partido Socialista á alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez, foi das primeiras en votar nunha das mesas do colexio electoral ubicado na Casa da Cultura de Vimianzo.

En declaracións a Adiante Galicia, Rodríguez animou á participación e expresou a súa confianza de que hoxe das urnas saia «unha mensaxe de unión e progreso para Vimianzo». A candidata socialista salientou que «hoxe é un día histórico».

9,19- 

A partir das 9 da mañá xa se pode votar nos colexios electorais. Na imaxe o colexio electoral de Freixeiro, en Santa Comba, fai uns instantes. Foto @xmlema

7:30h- ARTIGO EN PERMANENTE ACTUALIZACIÓN AO LONGO DO DÍA

Bos días a tod@s. Iniciamos o noso especial sobre as eleccións municipais. Iremos publicando boletíns informativos neste artigo coas novidades da xornada electoral, durante todo o día. Centraremos a nosa cobertura nas comarcas de Xallas, Barcala, Soneira, Fisterra e Bergantiños. Desde a nosa redacción de Santa Comba temos liña directa cos nosos colaboradores en distintos puntos destas comarcas e taménde Galicia.

O noso hastagh nas redes é #Adiante26M. Se queres colaborar connosco con fotografías ou información temos este correo operativo xmlema@adiantegalicia.es

Foto portada- Lorenzo Balboa- Archivo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos