En Radio Xallas: “Esta campaña foi a máis sucia que vin nunca”.
EN BREVE PUBLICAREMOS AQUI O AUDIO COA ENTREVISTA A JOSÉ ANTONIO UCHA
O candidato socialista á alcaldía de Santa Comba afirmou que “esta campaña foi a máis sucia que vin nunca”, acusando de acusacións falsas e manipular gravación:”O Partido Popular teme perder e dedícase a descualificación persoal. A ninguén lle importa a vida particular dos candidatos”.
A dobre faciana do BNG
José Antonio Ucha advertiu que “cando termine todo isto que se preparen”. E tamén criticou ao Bloque:”Nunca pensei que fora capaz de inventar unha patraña como esa para conseguir notoriedade a nosa costa”.Segundo Ucha “o Bloque ten esa dobre faciana por un lado son sensatos e por outro lado van en coalición con Bildu para as europeas”.
Compromiso “algo radicais”
Fixo alusión a Compromiso por Galicia que “vai en coalición cos canarios e catalás e son algo radicais, iso tamén hai que telo en conta a hora do voto en Santa Comba”.
Sobre a formación que lidera David Barbeira subliñou que é “unha nova lista, un novo Chisco, veñen ao mesmo e xa teñen máis que pactado. Iso sábeo calquera”.
Obxectivo: maioría absoluta
O candidato socialista manifestou que “a nosa liña prioritaria son as persoas” e o seu obxectivo “dar unha alternativa”. Está seguro que “imos a pola maioría absoluta que nos permita facer o cambio en Santa Comba. Se non sería un fracaso persoal”.
Para Ucha “o mellor do PSOE está nesta lista” aínda que comentou que “sempre hai elementos que non aceptan as renovacións” a pesar do procedemento seguido:”Hai militantes que non o aceptaron, e abriráselle expediente porque non se pode militar nun partido e facer campaña para o partido contrario”.
Defensa da xestión de Ucha
Nunha entrevista en Radio Xallas, Ucha declarou que “as grandes obras pertencen ao noso ano de mandato” e citou proxectos como a reforma da Casa da Cultura ou do pavillón de Fontenla.
Un PP sen visión de futuro
Lamentou que o Partido Popular “non ten visión de futuro”, denunciando as contratacións de obras sen seguir o procedemento e lembrando que mediante a moción de censura “a lista máis votada foi desaloxada dunha maneira ilexítima”. Sobre o mandato concluiu:»Se ves como está o pobo, peor non se pode facer».
Na intervención en Radio Xallas, tamén participou a candidata Cristina Fajín que dixo que “debemos votar a Ucha porque Santa Comba necesita un cambio” para ter “un goberno transparente, sen favoritismos”.
Outra candidata, Lorena Pais, referiuse as críticas que recibiu o PSOE pola súa campaña en Facebook “porque publicamos cousas incómodas e irregularidades”. Pediu unha reflexión e que a xente se centrara na mensaxe porque estas denuncias “son verdade”.