9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

Juan Blanco:”Imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo”

Escoita a entrevista a partir do minuto  66 deste audio.

O candidato do BNG á alcaldía de Mazaricos, Juan Blanco, está convencido de que”imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo e estivemos ao lado dos veciños”.

Da campaña electoral Blanco Riveiro destacou “o trato cariñoso da xente” e “a participación nos nosos mitins”. Como parte negativa criticou “a actitude dos outros candidatos” que usaron “descalificacións graves, falsedade e mentiras”.

«Ninguén botou de menos ao vello Mazaricos»

“Eu falo do meu proxecto” afirmou Juan Blanco en Radio Xallas:”Ninguén botou de menos o vello Mazaricos. Agora todo o mundo participa na vida municipal cun alcalde disponible os 365 días do ano”.

Tamén negou as críticas da oposición sobre o seu programa electoral de 2015:”O programa cumpriuse ao completo, ao cen por cen, aínda que pode haber quen teña algún problema de lectura”.

Sobre as súas actuais propostas sinalou que “son proxectos claros de obras que se poden realizar co orzamento municipal e se conseguimos máis cousas pois mellor”.

Centro de Día

Sobre o Centro de Día, o candidato nacionalista insiste en que “calquera persoa que teña unha formación política e entenda como funcionan as administracións saben que a día de hoxe e imposible.Un centro de día non é un sitio para xogar as cartas, necesítase xente especializada”.

Destacou ademáis o apoio municipal á promoción turística:”Somos un exemplo na promoción do camiño, abríronse quince novos negocios”. Na actualidade as previsións pasan por “explotar o turismo da natureza e a promoción que ten que ser conxunta coa Costa da Morte”.
Na entrevista detallou distintas actuación realizados polo seu executivo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos