9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

María Pose:“Queremos unha Santa Comba con respecto e traballo e sen berros nin insultos”

“Pídovos o voto para escribir unha nova historia, que teña como protagonista a Santa Comba” asegura a candidata popular.

Entrevista a partir do minuto 17 do audio

A candidata do Partido Popular á alcaldía, María Pose, pide aos veciños de Santa Comba que valoren os programas electorais e todo o feito durante estes tres últimos anos de mandato.”Poido haber erros pero o noso esforzo está aí- sinalou-É moi fácil criticar e dicir non. Pero pensade que as cousas fanse con traballo e con actitude positiva. Temos o apoio da Xunta. Temos proxectos rematados, outros encamiñados e moitos en previsión”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, Pose  solicitou o voto dos cidadáns  “para xa desde o domingo empezar a escribir unha nova historia, que teña como protagonista a Santa Comba. Unha Santa Comba sen berros, nin insultos. Con respecto e traballo”.

“ Eu non necesito un sueldo do concello. Eu quero un concello mellor”

Agarda obter unha mairía absoluta para poder seguir traballando.”Temos propostas realistas e importantes para o desarrollo do concello. Somos un equipo de veciños que non estamos aquí para cobrar un sueldo. Eu non necesito un sueldo do concello. Eu quero un concello mellor”.

María Pose lembrou as melloras realizadas nas infraestruturas e nas arterias interparroquiais, na área de servizos sociais, deportes, cultura ou formación. Fixo referencia a actuación da estrada de Santiago:“Conseguimos que fora unha realidade e se empezaran as obras”. E a aprobación da ampliación do Polígono industrial(que tamén acaba de recibir unha achega da Xunta) ou a promoción turística e a mellora das áreas recreativas en A Pereira e A Illa.

María Pose:”Ucha estivo un ano sen facer nada e cobrou 50.000 euros”.

Entre os proxectos previstos figuran a construción dun Centro de Día, un proxecto de mellora do casco urbano de Santa Comba, ou o abastecemento de auga a tódalas parroquias.

“Eu fixen sempre unha oposición constructiva e o único obxectivo do Sr. Ucha foi menospreciar e difamar ao goberno.Non lle interesan os veciños. Como pode votar en contra dun millón de obras para os veciños?” manifestou a candidata do PP, que advertiu que a alternativa ao seu partido son “os demais”, incidindo que “PSOE e BNG sempre acaban en matrimonio político”e Compro9miso por Galicia “é de esquerdas e xa goberna co PSOE en Lalín”.

María Pose asegura que o ano d egoberno do PSOE foi un atraso:”Ucha estivo un ano sen facer nada e cobrou 50.000 euros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos