15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Raquel Rodríguez:”A xente pide un cambio en Vimianzo e penso que o PP é a alternativa”

A candidata popular non renuncia á vitoria nas eleccións do domingo.

Raquel Rodríguez volve a encabezar a candidatura do Partido Popular, pero desde entón parece que cambiaron moito as cousas. Colleu o partido nunha situación complicada e case sen tempo de preparar a campaña. Agora aspira “a ganar”, con catro anos de experiencia e un equipo renovado.

“Foron catro anos perdidos. En Vimianzo non se fixo absolutamente nada. Está todo abandonado. O alcalde(Manuel Antelo) non cumpriu as promesas que fixo”.

Entrevista con Raquel Rodríguez desde o minuto 89

Abandono dos servizos básicos por parte do goberno

Raquel Rodríguez considera prioritario adoptar medidas para a creación de emprego, promover unha baixada de impostos pero non oculta que hai algo moi urxente:”Hai que atender os servizos básicos nas parroquias, a limpeza de pistas, pavimentacións, contenedores e mellorar os accesos”.
 
Para Rodríguez Amigo sopran aire de cambio en Vimianzo:”A xente pide un cambio e penso que o PP é a alternativa”. Avoga por un concello que “teña as portas abertas e que escoite aos veciños” frente un goberno de Adiante Vimianzo onde “nin entre eles foron capaces de entenderse”.

A candidata popular pide “unha oportunidade de demostrar que somos capaces de realizar unha xestion adecuada e situar a Vimianzo á cabeza da comarca”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos