13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

“O BNG estará na corporación municipal e será unha garantía da defensa dos intereses de tódolos xalleiros”

Alberto Calvelo falou “Na Encrucillada”. Escoita a entrevista desde o minuto 16

Este mércores ás 22h o BNG ofrece un mitin noi Restaurante Leandro con Xosé Luis Rivas «Mini»

O candidato do BNG á alcaldía de Santa Comba, Alberto Calvelo, está convencido de que “o BNG estará na corporación municipal os vindeiros catro anos e será unha garantía da defensa dos intereses de tódolos xalleiros”.

Para Calvelo Lorenzo o máis importante é que Santa Comba “se volva  transparente e participativa cos nosos veciños” xa que considera que “non pode ser que nos tempos que corren o concello sexa totalmente escuro na súa xestión e que non se saiba a onde se destina o noso presuposto”.

Sobre as outras candidaturas

Sobre os demais adversarios políticos precisou que “levan toda a vida os do PP gobernando para os do PP e os do PSOE para os do PSOE”. Sobre o PP indicou que “se o que queren é que Santa Comba teña futuro tiveron tempo de sobra para demostralo eh que non levan tres días aí”.

Con respecto ao PSOE dixo:”E o señor Ucha na súa liña, non sei moi ben que ten en contra de nós pero xa está ben de faltarlle ao respeto ao votante do BNG e a todo que non comulgue ca súa maneira de gobernar”.

Puxo como exemplo a situación da estrada de San Salvador para demostrar que “ningún cumpriu”. Tamén fixo unha alusión á formación que lidera David Barbeira:”De Compromiso, o que podo dicir, é que iso de non pactar con ninguén xa me sona de tempos non moi lonxanos”.

A xestión exemplar de Mazaricos

O “espello” do BNG de Santa Comba son concellos “cunha xestión exemplar” como o de Mazaricos.Entre as propostas do BNG xalleiro está o apoio á rehabilitación de vivendas, a humanización de espazos urbanos, o apoio á actividade agrogandeira, e acción encamiñadas á mellora da igualdade, o benestar, a cultura e a conservación do patrimonio.

«Solo dicirlle a todos os xalleiros que voten sen medo e con ilusión, non vimos aquí para romper nada e está máis que claro que os gobernos que estiveron ata o de agora non funcionaron. Queremos facer o ben para todo o concello por iso eu hoxe aquí vos pido a todos a vosa oportunidade, a oportunidade de demóstravos que o podemos facer ben» dixo Alberto Calvelo en Radio Xallas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos