Acusou ao alcalde de ser “unha persoa que ri falso, e que nos trata aos demais de ignorantes”.
O candidato socialista á alcaldía de Mazaricos, Francisco Javier González Trillo, dixo ter “unha sensación enormemente positiva” e a seguridade de que “estaremos” nunha corporación na que non haberá maioría absoluta.”Non hai ningunha dúbida de que o PSOE vai a gobernar en Mazaricos”.
Entre os seus proxectos está a construción dun Centro de Día no colexio do Pino do Val, a limpeza de áreas recreativas e outros espazos que “están moi abandonados” ou promover un proxecto de abastecemento de auga desde o embalse ata Monte Aro.
“Un goberno sen transparencia”
González Trillo amosouse moi crítico co goberno do BNG”O goberno de Juan Blanco foi un goberno sen transparencia, de deixar de facer, e de desesperación nos últimos días. Isto non era o que quería a xente de Mazaricos”.
Acusou ao alcalde de ser “unha persoa que ri falso, e que nos trata aos demais de ignorantes”. Ademais afirmou que o candidato do BNG “leva tempo acusándome de arruinar asociacións, cando el estivo dentro delas e incluso dunha recibiu unha boa subvención, a través de dicir que era familia de… e fulaniño de…”.
Invita a Juan Blanco a un debate público
O candidato do PSOE insistiu en que Juan Blanco “vendeunos unha ilusión e enganounos a unha porcentaxe moi grande veciños” e convidouno a un debate público no concello diante dos veciños “como el pediu fai catro anos”.
Referiuse ao mandatario como “un alcalde bastante antidemocrático” e tamén a utilización de “información privada do concello” por parte do goberno e tamén “dunha empresa amiga”.

