12.3 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Eleccións municipais en Laxe 2019: «O bipartito e o Trikitanic»

Foto- @creque22- Twitter // Texto -Óscar de Souto

Era pola festa dos disfraces deste mesmo ano que os «Trikitrakes» ideaban este xenial inxenio festivo para encabezar unha comparsa que desfilase fachendosa polas ruas de Portozás. O Titanic laxense, replica daquel famono navío, parecia querer decirnos algo a todos. Hoxe, a piques xa de celebrar novas eleccions i en plena campaña, afananse en vendérnola moto con cartaces, altavoces e ata na prensa en papel …… mais todo apunta a que desta volta o bipartito chega a recta final cunha grave via de auga no barco.

Parece que tropezou con algunha duna e perdeu o mastil coa súa benquerida bandeira celeste. Cando na entrevista no xornal lle preguntaron ao Señor Alcalde polas obras e actuacions deste ultimos catro anos podemos todos imaxinar o carento que puxo, e é mais, a cara que puxo xa lla incorporaron acompañando a entrevista. O pago das débedas, que eles mesmos adquiriron, e a pérdida do distintivo de calidade da Plaia urbanita de Portozás, a dichora bandeira azul, parecen ser os unicos grandes logros do enlace politico entre socios-listos e o señor Pose.

Ese curioso 5+1, cinco escaños socialistas e un escaño do BNG, que nos da a sensación que só pactou para quitarlle o caramelo da boca o lider popular. Por outra banda, o PP de Laxe foi o partido mais votado nas anteriores municipais. Polos pelos. Mais nesta ocasión non parece que as catas de viño e as verbenas na praza de Ramón Juega sexan foliada dabondo para convencer a esa veciñanza descontenta , especialmente nas parroquias, que elixen o dia 26 novo capitan para un novo barco. Un barco xa sen polizóns.

O bipartito recordame inevitablemente aquela serie televisiva galega de Mareas Vivas onde tiñan unha fantastica emisora de Radio, radio Portozás, que trataba este tipo de asuntos, eso si, con seseo, como non. No caso real desta vila mariñeira a emisora existe, nova do paquete, a estrenar, pero non chegou a emitir. Por sorte Radio Xallas alcanza coa súa sintonía a Zas e tamén a parte do sur de Laxe, mais polo norte teñen que estar moi satisfeitos de poder oir radio Cormelle. A gran importancia dos medios de comunicación reside na variedade e e poder mantelos, eso sobre todo.

E o señor Don Jose Luis, candidato do PP de Laxe, aproveito para dicirlle dende aqui que, desta volta, non creo que sexa necesario meter dous sobres xuntos na urna porque todo parece indicar que O Trikitanic vai quedar varado nas dunas. Que gañe o mellor ou que pacten os perdedores, que tamén vale !!!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos